Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de agosto de 2017

PARTIDO DE FÚTBOL PARA A IGUALDADE E ECONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO














Este sábado, 19 de agosto, o campo de fútbol do Pombal acollerá un partido de fútbol entre o Beiramar C.F. e o Deportivo Abanca B.
O encontro, que ten por lema “Fútbol pola igualdade e contra a violencia de xénero", disputarase ás 18:00 e a entrada será gratuita.

O encontro foi presentado días pasados no salón de plenos de Cambados pola alcaldesa, Fátima Abal, o presidente do Beiramar, Carlos Castro, e a presidenta e a vicepresidenta de "Esmar", Mari Carmen Torres e Soledad Cores. Os catro coincidiron en destacar o estado alarmante de casos de violencia de xénero, e a conveniencia de visibilizar esta secuela social con actos como un partido de fútbol que será arbitrado unha parte por unha muller e a outra por un home.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.