Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de agosto de 2017

FEIRA MEDIEVAL NA PLAZA DE FEFIÑÁNS
















Cambados regresa ao medievo esta fin de semana coa feira medieval que se celebrará na praza de Fefiñáns entre os días 18 e 20 de agosto.

Nesta feira haberá espectáculos con voos de cetreiría, exhibición de aves rapaces, actuacións musicais e postos de comida e artesanía. Tamén haberá atraccións infantís, xogos malabares, zancudos e espectáculos de fogo.
Dende o Concello de Cambados animamos ás persoas asistentes a vestirse de época para mergullarse no espírito máis medieval.

Cambados súmase á moda das feiras medievais, que tan bos resultados deron en localidades como Baiona, Ribadavia, Betanzos ou Pontevedra, que organizan citas que atraen a visitantes de toda España. A feira de Cambados será na praza de Fefiñáns, entre o 18 e o 20 de agosto próximo, e forma parte da programación da Cidade Europea do Viño.


No evento tamén haberá postos de comida e de artesanía, e actuacións musicais, e os organizadores animan aos asistentes para ir vestidos de época.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.