Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2017

INFORMACIÓN DE CURSOS, BECAS PRÁTICAS LABORAIS NA OMIX












Está aberto o prazo de inscrición para o curso de : HABILIDADES
COMUNICATIVAS PARA O MUNDO LABORAL.

Está promovido pola  Consellería de Cultura, Edución e Ordenación
Universitaria , ten unha duración de 15 horas e será no centro A Mercé, do
11 ao 15 de  setembro. Gratuíto.

Bolsas Para Cursar Estudos Non Universitarios E Universitarios 2017
O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:
Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:
a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas.
e) Ensinanzas artísticas superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos militares superiores.
h) Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.
i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de Formación Profesional.
j) Formación Profesional básica.

Ensinanzas universitarias:
a) Ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
b) Ensinos universitarios conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
Compoñentes das bolsas e contías:
1. Contías fixas. Serán as seguintes:
a) Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2017-2018.
b) Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.500 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
d) Bolsa básica para estudantes non universitarios: 200 euros.
2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60 euros.
Os prazos para presentar a solicitude estenderanse ata:
17 de outubro para os estudantes universitarios.
3 de outubro para os estudantes non universitarios.
A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.mecd.gob.es  mediante formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte superior desta páxina
Máis información en www.educacion.es  e no BOE do 10 de agosto de 2017

PROGRAMA GALEUROPA

- O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil,
cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa
finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en
empresas/entidades públicas ou privadas de países europeo e máis
concretamente en: Portugal (Lisboa), Chipre (Limassol) e Italia (Brescia).

Tes menos de 30 anos? Queres ter unha experiencia profesional no extranxeiro con todos os custos pagados?

Se estás interesada/o ou coñeces a alguén que poida estar sigue lendo...

O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en  empresas/entidades públicas ou privadas de países europeo e máis concretamente en: Portugal (Lisboa), Chipre (Limassol) e Italia (Brescia).

QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?
- Viaxe (gastos viaxe de ida e volta da persoa participante se gundo o país de destino).
- Aloxamento e manutención (custos/mes/día para cada participante segundo o país de destino).
- Apoio lingüístico.

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS
3 meses a partir de setembro (Septembro, Outubro e Novembro).
120h mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia, dita inscripción pode realizarse ata o día anterior de realizar a subscripción, que cumpra os  seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 29 anos (incluídos).
- Non ter participado con anterioridade en ningún programa Galeuropa.
- Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
- Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
- Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

MAÍS INFORMACIÓN
Nos correos electrónicos galeuropa@amigosdaterra.net ou info@amigosdaterra.net ou no teléfono: 988 374 318

INSCRIPCIÓN
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScSx8bBwlipMJA3ZNUk9aeYKPw6yApNg6vMOwfzBH1OHnT0jw/viewform

Máis información- OMIX - Concello de Cambados
Centro A Mercé
Tel 986542663
omix@cambados.es








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.