A explosión dunha bombona provoca danos materiais nunha adega dunha casa de Cambados
Esta era a primeira hipótese, pero máis tarde manexábase unha segunda. Que o lume se orixinase por mala combustión da cociña, na que había unha tarteira ao lume.
Unha bombona de cámping gas estoupou esta tarde nunha adega de Cambados, deixando varios danos materiais, pero ningunha persoa ferida.
Os feitos tiveron lugar nunha propiedade da Bouza, na parroquia de Castrelo. A explosión provocou un pequeno incendio, véndose unicamente afectado polo lume o teito da edificación.
Unha persoa particular alertaba da explosión ao 112 Galicia ás 15:00 horas desta tarde. Acto seguido, o persoal do CIAE 112 puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Salnés, de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil. Tamén se informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aínda que non foi precisa a súa intervención. Amais, o acontecido tamén foi notificado á empresa responsable da subministración do gas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.