Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2017

BAIXA O PARO, SUBE A PRECARIEDADE













Hai preocupación polos datos que se desprenden dos rexistros do Servizo Público de Emprego Estatal relativos ás persoas demandantes de emprego, ao paro, aos contratos e prestacións por desemprego relativas ao mes de xuño. Se ben hai que valorar positivamente a redución do número de persoas desempregadas en todo o Estado, pero unha vez que se analizan os datos polo miúdo observamos precariedade, temporalidade e a baixa taxa de cobertura de desemprego.

Menos do 8% dos traballos que se crean son indefinidos e ademais, desta porcentaxe, preto do 30% son a xornada parcial. Polo tanto, o pouco traballo estable que se crea tampouco ten as garantías de acadar traballador@s que teñan recursos e dereitos para fortalecer a economía.

En Galicia o número de empregos indefinidos está por debaixo do 10%. No caso de Pontevedra hai 74.654 persoas desempregadas e a esta baixa contratación hai que engadir que a maioría dos contratos son a tempo parcial o que supón "un serio problema" e constitúen uns datos moi pesimistas.

Outro dato preoculante é que o 46% das persoas sen traballo tampouco teñen cubertas as súas necesidades básicas. Por contra no ano 2011 a taxa de cobertura estaba por riba do 80%  polo que, a pesar de que había desemprego, as familias tiñan cubertas as súas necesidades básicas. Na provincia de Pontevedra os datos son similares, xa que un 51,1% das persoas desempregadas non están cubertas polas axudas ao desemprego.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.