Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
5 de julio de 2017
O CONCELLO DE AS NEVES PRESENTA A SUA FESTA DO VIÑO EN CAMBADOS
Incansable é o itinerario promocional da XII Festa do Viño Tinto das Neves que está a realizar estes días o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez. Nesta ocasión foi no municipio de Cambados o lugar elixido para dar a coñecer esta cita, moi propicia para coñecer un pouco máis os moi bos tintos que se elaboran nesta subzona do Condado, pertencente á D.O. Rías Baixas. A rexedora local, Fátima Abal, exerceu de anfitrioa.
Catas e degustacións da ducia de marcas elaboradoras dos monovarietales e plurivarietales tintos (máis os brancos que tamén se elaboran nesta comarca) e un máis que atractivo programa festivo e profesional compoñen unha proposta de lecer que busca realzar o labor dos viticultores e adegueiros que están a apostar firme pola calidade dos tintos da denominación Rías Baixas. Aínda que a apertura oficial será o sábado, as actividades arrincan xa este mércores cunha cata-maridaxe que se realizará no mercado das Neves e que buscará harmonizar os pratos elaborados con produtos da zona cos tintos do Condado. O xoves, e xa baixo un perfil máis profesional, o catador cambadés José Aragunde guiará unha cata técnica destes tintos; en tanto que o venres, os técnicos da Evega ofrecerán, no Auditorio, unha charla-coloquio para os viticultores e adegueiros locais sobre as vantaxes e posibilidades do desenvolvemento de viños biodinámicos e ecolóxicos en terras das Neves.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.