Novas actividades para mozos e mozas a partir de 16 anos:
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poñen en marcha un ano máis diversos programas de voluntariado no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Nos meses de xullo e agosto levaránse a cabo as seguintes actividades:
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a través do programa Dinamizando o Medio Ambiente busca achegar a riqueza natural e paisaxística dos parques naturais de Galicia aos mozos e mozas da nosa Comunidade Autónoma.
Dentro destas actividades, os próximos días 14, 15 e 16 de xullo de 2017 desenvolveranse unhas xornadas de lecer educativo no Parque Natural de O Invernadeiro (Ourense).
Destinatarios/as.- Mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.
Prazo de solicitudes.- ata o 12 de xullo de 2017.
Número de prazas.- 50
Inscrición.- A través de formulario de inscrición dentro do prazo establecido.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación, entenderase que non obtivo praza para as xornadas.
O Programa de voluntariado social para a atención e acompañamento de persoas maiores que viven soas nos seus fogares (ACOMPAÑO, en diante) é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, xestionado a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse na intervención nun envellecemento activo e saudable así como a de afrontar o cambio demográfico mediante un enfoque positivo centrado no potencial do colectivo de persoas maiores.
Con base nos artigos 21 e 22 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, a Consellería de Política Social promove este proxecto, no que...
Na OMIX de Cambados nas oficinas da Merced
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.