Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de junio de 2017

CONSTITUÍDA A MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO DOS CONCELLOS DE CAMBADOS, MEIS E RIBADUMIA









A primeira  Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero constituíuse esta mañán en Cambados e participan os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia e a Xunta que estivo representada por Susana López Abella. 
O obxectivo deste órgano é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións de cara á erradicación desta lacra.
López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. Polo tanto, resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.