Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de junio de 2017

VIDEAFEST PROXECTARÁ "UN BO ANO" NA ADEGA LAGAR DA COSTA












O Concello de Cambados prosegue co seu programa de "Videa Cambados", que fusiona as proxeccións de películas relacionadas co mundo do viño con visitas a adegas, coloquios e actuacións musicais. Despois da estrea a semana pasada, a próxima será o venres 9 deste mes na Adega Lagar da Costa. O público poderá ver "Un bo ano".

Un bo ano -A good year en inglés- é unha película británica dirixida por Ridley Scott e protagonizada por Russell Crowe, estreada o 27 de outubro de 2006 e baseada na novela homónima de Peter Mayle.



Max Skinner (Russell Crowe) é un corredor de bolsa exitoso residente en Londres que recibe en herdanza un viñedo francés do seu tío Henry (Albert Finney). Cando viaxa ata alí atópase cun château para restaurar; coñece á dona dun restaurante, da que se namora (Marion Cotillard) e a unha californiana (Abbie Cornish) que di ser a filla ilexítima de Henry. Max chega coa clara intención inicial de vender o viñedo o máis rapidamente, pero aos poucos empeza a lembrar os bos tempos que pasou de neno no "Chateau", gozar da vida máis acougada e mellor afastado da presión diaria dos negocios, o que fará que dubide da súa idea orixinal. Á fin e ao cabo, a vida é vivir ben, amar, comer ben e ter un bo ano.


A sesión tamén contará con música ao vivo por parte de Flip Corale.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.