Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de mayo de 2017

SMARTPEME DOBLA O NÚMERO DE PARTICIPANTES












SmartPeme duplica o número de participantes nos cursos de formación sobre as TIC no primeiro trimestre de 2017

A iniciativa da Deputación de Pontevedra, dirixida ao asesoramento e á capacitación en novas tecnoloxías, ofreceulles, entre xaneiro e abril, 91 cursos a máis de 800 asistentes
SmartPeme, a iniciativa de asesoramento sobre novas tecnoloxías dirixida a pemes, persoas autónomas e emprendedoras, posta en marcha polo Goberno de Carmela Silva, prestou servizo a máis de 800 proxectos empresariais nestes primeiros tres meses de 2017, o que representa un incremento do 47 % respecto ás 556 persoas que participaron nos seus obradoiros no mesmo período do ano anterior. Trátase duns datos moi positivos, que poñen de manifesto a utilidade do proxecto e que son o resultado dos esforzos da Deputación por relanzar este programa de asesoramento.
En concreto, entre xaneiro e marzo de 2017 SmartPeme ofreceu 91 cursos, 10 máis que os impartidos o ano pasado, nos que participaron 832 persoas. Os cursos foron do máis variado, desde formación básica en redes sociais, almacenamento de datos na nube ou como usar Instragram na empresa, ata o uso de ferramentas de traballo específicas coma Hootsuite ou  Facebook Ads. Ademais, no primeiro trimestre de 2017 os servizos de asesoramento de SmartPeme foron solicitados por 297 empresas, fronte ás 221 que o fixeron no curso anterior, o que permitiu resolver 422 consultas relacionadas con diversos ámbitos das TIC, o que representa un aumento de case o 50 %.
O proxecto de asesoramento, que lle dá servizo a toda a provincia a través dos seis puntos de atención nos concellos de Cambados, Lalín, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo  e da páxina web smartpeme.depo.es, está permitindo que cada vez máis axentes do sector empresarial se aproveiten destes servizos para mellorar a produtividade e incrementar as vendas dos seus negocios. Precisamente, estas liñas de traballo, o asesoramento e a capacitación tecnolóxica, proporciónanlle ao tecido empresarial pontevedrés as ferramentas necesarias para competir nun mercado cada vez máis globalizado, no que a xestión da información e a presenza en medios web son unha necesidade dos negocios en calquera sector produtivo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.