Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2017

CONFIRMADO O CONCERTO DE SONDESEU O 3 DE AGOSTO










Segunda confirmación oficial dos concertos da Festa do Albariño´17. Trátase da Orquestra Folk, SONDESEU
Dirixida por Rodrigo Romaní, SondeSeu, a Orquestra Folk de Galicia, converteuse desde a súa aparición na escea folk europea no ano 2001, nunha pioneira e novedosa fábrica de  talento e creatividade.
Extraída da experiencia pedagóxica da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, que acolle na actualidade a máis de 500 alumnos matriculados en nove especialidades instrumentais, na orquestra conviven tanto músicos en formación como profesionais.
Están coordinados nas diferentes seccións instrumentais, por algúns dos músicos de maior  traxectoria e recoñecemento do país: Rodrigo Romaní encárgase da dirección e da coordinación da sección de Arpa Céltica, Xaquín Xesteira das de Gaita e Percusión, Alfonso Franco da de Violíns, Xosé Liz das de Bouzouqui e Requinta, Javier Feijoo (Chisco) da de canto e Anxo Pintos da de zanfona.
A presenza e a intensidade interpretativa dos 45 músicos converten a sonoridade desta formación nunha nova senda na que as paisaxes sonoras da tradición musical galega, amplían o seu horizonte desde unha masa tímbrica e unhas composicións e arranxos marcados polo fino, respectuoso e sabio uso da creación e a recreación máis contemporánea.
A realidade desta experiencia única no continente europeo, materializouse en catro discos de estudio: “Mar de Vigo” (2004), “Trastempo” (2007), “Barlovento” (2010) e “Danzas Brancas” (2013), así como na realización de numerosos concertos en Francia, Italia, Irlanda, Portugal, Finlandia e España.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.