Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2017

SOBRE A RETIRADA DA ESTATUA DE FRAGA










Celso E. Ferreiro e Plácido Castro
Cando a grúa retiraba a estátua de D.Manuel do  Pazo do Torrado,sabía da polémica que ía ocasionar entre partidários e detractores do personaxe, máis que da obra en sí mesma que, o tempo refundirase para tentar crear verdadeiramente unha obra de arte á altura da beleza da vila arousán. 

O autor, de tendéncia realista,non acabou de imbuírse no personaxe,de seguro que confuso en escoller entre o Fraga, Ministro da Dictadura franquista,Embaixador en Londres,Ministro de interior na transición"la calle es mía",fundador de Alianza Popular con aquela papada,ou Presidente da Xunta de Galicia,derradeiro cargo democrático en vida.

Celso Emilio e Otero Pedrayo, pregoeiro en 1964

Decidiuse o"artista"pola época en principio mais amable, a de Cabaleiro da Orden do Albariño por ser o Presidente da Xunta, outorgado tal cargo, o de Cabaleiro, polo chiringuito creado entre a D.O. Rias Baixas , o goberno do Concello de Cambados e a Xunta, todo baixo o poder do Partido Popular sen contar para nada coa oposición, a non ser que os
representantes do povo que non votaron á dereita. quixeran participar de comparsa nuns actos creados para o lucimento pepero con cartos públicos. Até a alcaldesa actual decatouse da inxustiza e o maniqueísmo que representa esa institución,decidindo non participar no parippé. Que inxustiza para aqueles que realmente loitaron por que o viño Albariño, o Espadeiro, a Treixadura se dignificaran e profesionalizaran, nun sector onde moitos merecerían ter rúas e monumentos antes ca el.  
Cunqueiro, pregoeiro en 1959

 Pero cómo vai ter D.Manuel unha estátua, unha rúa, se el mesmo era consciente de que ocasionaba división, non consenso, alá por onde gobernaba con man firme e sectária até os últimos días de vida?. O tempo  que o poña no seu sitio cando os lectores deste artigo xa non poidamos opinar,máis non agora, por que agora, o motivo da famosa efixie, non tivo máis cometido que enfadar á razón, á razón ilustrada da lámina de Goya, e de paso demostrar a forza dun Partido Popular omnipresente en todas as facetas cotiáns da vila do Albariño. A mensaxe era"aquí non se move nada sen nós,"e nembargantes móvese". 













Un artigo de Xan Galbán Galiñanes














No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.