Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de abril de 2017

AUGAS DE GALICIA CHAMA AO CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA












A Oficina Técnica da Seca (OTS) recomenda a situación de prealerta por seca, polo que Augas de Galicia fai un chamamento a manter a moderación do consumo de auga e o uso responsable deste recurso. Así, o puxo de manifesto o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, que esta mañá presidiu a reunión de seguimento para informar da situación dos ríos e o estado dos encoros da Demarcación Galicia- Costa e revisar as medidas necesarias durante a fase de Prealerta por seca.
O director de Augas de Galicia recordou que a tendencia observada nos meses de febreiro e marzo foron positivas, e pese a ser de forma máis lenta do esperado, permitiu acadar “certa recuperación nos sistemas fluviais da demarcación. Esta tendencia non se está a seguir no mes de abril, que tan só presentou unha xornada de chuvia, o primiero día do mes; o que está a afectar ao caudal circulante polos ríos que volven a afasterse dos valores que serían normais para esta época do ano.
As previsións que traslada Meteogalicia para os vindeiros 10 días indican que non se agardan chuvias significativas, nin moito menos xeneralizadas; polo que de confirmarse este pronóstico, estaríamos ante o mes de abril máis secos da serie histórica. Ante este escenario é necesario manter a situación de pealerta por seca e reiterar a necesidade de consumir responsablemente a auga os 365 días do ano.
En relación co estado dos encoros, Roberto Rodríguez Martínez indicou que a ocupación dos mesmo está a niveles similares aos dos anos anteriores, polo que o abastecemento á poboación está garantido. Na actualidade os encoros de abastecemento presentan un volume de ocupación que se sitúa no 85,80%, unha cifra moi semellante á rexistrada en 2016 cando a súa porcentaxe de ocupación se situaba no 89,44%. Aclarou que é esperable que se acade a máxima ocupación a principios de verán para encarar a tempada estival con todas as maiores garantías posibles.
Non obstante, de cara a tempada estival será determinante a evolución dos caudais fluviais, que se espera que se podan recuperar algo mais no mes de maio.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, activou o pasado 12 de xaneiro a situación de prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica en toda a Demarcación Galicia Costa. A decisión foi tomada logo de comprobar o baixo caudal que corre polos ríos respecto do que sería esperable nesta época do ano. Malia a todo, o abastecemento de auga á poboación está garantido e non hai motivo para alarma.
A Oficina Técnica da Seca (OTS), que conta con persoal especializado de todos os departamentos da Xunta con competencias na materia, isto é, MeteoGalicia, a Axencia Galega de Emerxencias, a Consellería do Medio Rural e a propia Augas de Galicia.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.