Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2017

A RETIRADA DUNHA PUTA MENTIRA
















Septiembre de 1997


Por aquelas datas un cambadés visitaba á súa moza en Barcelona, quen tras aprobar unhas oposicións ao corpo de  xustiza, debía de facer un curso, duns meses de duración, na Escola Xudicial sita na cidade condal; era sábado e decidiron ir ao cine; do que lles ofrecía a carteleira escolleron unha película española titulada “Airbag”  que, daquela, competía, en recadación, coas grandes producións americanas.  A cuestión é que, nun momento dado do filme, un dos narcotraficantes, interpretado maxistralmente por Manuel “Manquiña”,  soltou unha frase que pode que moitos dos  que estaban en dito cine  barcelonés non a apreciasen  pero si, perfectamente, o noso paisano: “….¡Ay  Carmiña!  ¡tu en Cambados y yo en el Pais Vasco…..” …. Unha lenda urbana di que, o entón alcalde de Cambados, sopesou queixarse á produtora do filme pola imaxe que do pobo se proxectaba; curiosamente ese mesmo alcalde fíxose moi popular  un tempo atrás cando todas as televisións,  repetiron hasta a saciedade unhas imaxes, onde dito edil entregáballe unha placa a un dos narcotraficantes mais famosos de Galicia e, por entonces, presidente do club de fútbol da vila do Albariño....  imaxes como aquela fixeron que durante moito tempo os cambadeses  tiveramos que cargar co sambenito do narcotráfico.
A cuestión é que, anos despois, en concreto no ano 2012, a historia repetiuse  e  outro alcalde pepero decidiu, de novo,  manchar o bo nome de Cambados erixindo unha estatua a un ex ministro franquista, simplemente, porque lle salia dos “cataplines”; foi a casualidade a que quixo que o escultor da estatua se atopase co, entón, portavoz e membro da oposición Victor Caamaño e, o primeiro, contáralle o encargo do goberno local…. O resto da historia xa é sobradamente coñecida por todos: Luís Aragunde, nun acto de covardía, intentou negar a autoría de dita escultura, atribuíndo a mesma a un suposto  “sector do viño”; a mentira chegou a tal extremo que, incluso, o dia anterior a inauguración da mesma o goberno local, sabedor de toda a revolta e malestar que provocara, afirmou, noutra mentira mais, que se aprazaba dita inauguración, cando non foi así e, simplemente, era unha manobra de distracción para que toda a xente  do pobo que non apoiabamos tal homenaxe non lle intentaramos boicotear o acto.

Por esas datas moitos descubrimos quen era, en realidade, Luís Aragunde, un pobre, un miserable “lamecus” que por quedar ben con os “manda mais” do PP galego non lle importaba deshonrar  Cambados.       
Para moitos pode que Manuel Fraga fora o ex presidente de Galicia pero tamén foi o ministro dun dictador asesino e, o que é peor, nunca se arrepentiu nin renegou de selo  e senón que llo digan, por exemplo,  ao pai de Enrique Ruano, un estudante asasinado pola policía franquista que, cando o seu proxenitor iniciou unha serie de mobilizacións para que se aclarara  as causas da súa morte, o, entón, ministro de Información e Turismo, chamouno para recordarlle que aínda tiña outra filla e que mais valíalle calar a boca; esa era a verdadeira personalidade de Fraga  por moito que, coa chegada da Transición intentara ir mudando e presentarse como un demócrata de cara aos novos tempos que, por entón,  corrían.        
Este venres 21 de abril pasará a historia de Cambados   non, soamente, pola imaxe da retirada da estatua dun fascista senón, tamén,  polo fin dunha mentira, dunha “tomadura de pelo” que intentou levar a cabo Aragunde ao tomar por parvos aos cambadeses.
Que un  pobo decida dedicarlle unha estatua a unha persoa require do consenso da inmensa maioría dos seus veciños; ninguén discute que,  no caso de Ramón Cabanillas e Francisco Asorey, dous dos veciños mais ilustres da nosa vila, ese conseso era, claramente unánime. Do mesmo xeito as estatuas do Rañeiro e do deus Baco estaban mais que xustificadas pois representan dous dos puntais  básicos da economía cambadesa como son a pesca e o albariño pero o que estaba fora de lugar era a estatua do fascista de Vilalba e, persoalmente,  o único que lamento é que, aparte de retirala, o Cuatripartito non dera orden de refundila e facer, por exemplo, uns calzóns de bronce para que suxeitasen   ben os “collons”  que lle botaron Touris e Aragunde  no seu dia ao levar a cabo  tan disparatada idea.      
   
UN SAUDO A TODOS
                            RICARDO DOMINGUEZ REY

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.