Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2017

A DEPUTACIÓN ACHEGA 150.000€ PARA REMODELAR O CUARTEL DE CAMBADOS













A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou esta mañá as instalacións da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra para coñecer o seu funcionamento e as actuacións acometidas no recinto con achegas da institución provincial. Silva percorreu todas as dependencias do acuartelamento, incluído o centro operativo desde onde se coordina toda a actuación da Garda Civil.
A presidenta provincial fixo un recoñecemento público ao "inmenso e excelente labor que prestan os homes e mulleres gardas civís, que sempre está aí e fan o seu traballo cun sentimento de servizo á poboación que é digno de mención, tanto no relativo á seguridade cidadá coma en todo o que ten que ver coa seguridade no Centro Penitenciario da Lama, Tráfico, Servizo de Automobilismo, Armamento e Intervención de Armas, Policía Xudicial, Grupo de Información, Seprona, Informática, Sanidade, Grupo Especial de Desactivación de Explosivos (GEDEX), así como todo o que ten que ver coa atención á cidadanía na demarcación de Pontevedra". Neste eido, Carmela Silva manifestou a "disposición da Deputación de Pontevedra para colaborar conxuntamente coa Garda Civil, unha das institucións con máis presenza en todos os territorios e, particularmente, nos pequenos concellos, onde sen a Garda Civil habería serias carencias".
Ademais, a presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para coñecer as actuacións de mellora que se acometeron no acuartelamento con achegas da institución provincial. En concreto, a Deputación de Pontevedra fixo un investimento para mellorar as fachadas dos pavillóns para evitar humidades, para cubrir as prazas de estacionamento e para renovar por completo o parque infantil. Ao respecto, Carmela Silva manifestou que "se trata de espazos nos que se presta un servizo á cidadanía, polo que deben estar en perfectas condicións e é unha obriga que todas as administracións colaboremos para acadalo; por iso, ademais destas actuacións en Pontevedra, acabamos de aprobar unha achega por valor de 150.000 € para realizar actuacións de mellora nas instalacións que a Garda Civil ten en Cambados".
Pola súa banda, o coronel xefe da Comandancia, Miguel Estévez Lara, agradeceulle á Deputación de Pontevedra as achegas, que "están a permitir manter as infraestruturas deste acuartelamento no que traballan 400 persoas prestando un servizo público á cidadanía".







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.