Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de diciembre de 2016

COMENZAN EN CAMBADOS AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN "TECENDO LAZOS"











Comezan en catorce concellos da provincia as actividades do programa "Tecendo Lazos", de fomento do envellecemento activo

Desde gastronomía a obradoiros de construción de xoguetes tradicionais, estes cursos permitirán artellar espazos de encontro interxeracionais
Catorce concellos da provincia acollen outras tantas actividades do programa de fomento do envellecemento activo "Tecendo lazos" da Deputación de Pontevedra, nas que participarán máis de trescentas persoas.
A primeira en poñerse en marcha foi "Sabores do mundo", que deu comezo o luns en Nigrán, e nela toman parte un total de 57 persoas, sendo a de maior participación das que botan a andar esta semana.
Mañá mércores dan inicio os cursos "Riso en movemento" en Moaña e "Xogos de patio" na Guarda, mentres o xoves empezan "Xogos de mesa" no Porriño, "Hábitos saudables e cociña tradicional" en Caldas de Reis e Cuntis, "Larpeiradas de sempre" en Bueu, "Obradoiro de creación de xoguetes tradicionais" en Fornelos de Montes e Valga e "Sabores do mundo" en Salvaterra do Miño.
O luns 26 iniciaranse os cursos "Larpeiradas de sempre" en Cotobade, "Hábitos saudables e cociña moderna" en Mos, "Ríome-Quérome" na Illa de Arousa e "Risoterapia e mindfulness" en Cambados.
 "Tecendo lazos" ten por obxectivo fomentar o envellecemento activo, mellorando a actividade física, cognitiva e social das persoas maiores e, entre as máis novas, as súas habilidades sociais e empatía de cara ao resto das xeracións.
O programa tamén pretende ofrecer un espazo de encontro e intercambio de experiencias que potencien movementos de participación e cooperación social a través de talleres englobados nas áreas "Riscos en familia", "Coas mans nos pucheiros", "Álbum familiar", "Brincadeiras de sempre" e "O Noso son".
 "Tecendo lazos" vai dirixido a residentes dos concellos de menos de 20.000 habitantes e desenvolverase dende este mes de decembro ata, como máximo, o 15 de xaneiro. A contía máxima asignada a este programa ascende a 60.000 euros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.