Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de octubre de 2016

SUBE O PARO NA NOSA COMARCA






                                           Poboación              Parados actuais          Parados agosto              Total comarca                         




O total de desempregados en Galicia sitúase en 194.336 segundo os datos do Ministerio de Emprego, que sitúa a cifra no conxunto de España en 3.720.297 desempregados
O número de parados rexistrados en Galicia subiu en setembro en Galicia en relación co mes anterior en 1.291 persoas (un 0,67% máis), ata situar o total en 194.336 desempregados, segundo os datos do Ministerio de Empredo.
En comparación con setembro de 2015, non obstante, a comunidade galega conta con 21.401 parados menos, o que supón un descenso do 9,92%.
Pola súa banda, a Seguridade Social perdeu 6.281 afiliados en setembro, un 0,64% ata 972.887 cotizantes.
Por provincias, as catro da comunidade rexistran diminucións de media no noveno mes do ano, a maior de todas elas en Pontevedra (2.952 afiliados menos). Na Coruña baixaron os cotizantes en 1.842 persoas, en Lugo en 1.398, e en Ourense en 26.


No conxunto estatal, foron 22.801 persoas máis en paro respecto a agosto (+0,6%), situando o número total de parados inscritos nas oficinas de emprego en 3.720.297.
Das catro provincias galegas, o desemprego caeu só en Ourense, e fíxoo nun 1,88%, ao rebaixar en 403 persoas o número de parados. Creceu un 0,47% en Pontevedra (+361 desempregados), un 0,99% en A Coruña (+756) e un 3,14% en Lugo (+577).
Deste xeito, os 194.336 parados en Galicia en setembro distribúense entre os 77.419 de Pontevedra e 76.918 de A Coruña, 21.049 en Ourense e 18.950 en Lugo.
Na nosa comarca volve subir o paro dun xeito alto. 472 persoas máis ingresaron nas listas do paro destacando O Grove e Sanxenxo con 202 e 224 parados máis respectivamente.
En Cambados o paro aumentou en 25 persoas, pola contra baixou en Vilagarcía, Vilanova e Meis en 46, 10 e 8 persoas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.