Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
17 de octubre de 2016
O ESCULTOR CAMBADÉS MANOLO PAZ PROTAGONISTA NOS PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2016
O conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, recibiu hoxe as esculturas coas que se recoñecerá o labor dos galardoados e das galardoadas cos Premios da Cultura Galega 2016.
A obra, denominada “Froito” e realizada en bronce, foi creada polo artista cambadés Manolo Paz e representa o resultado da dedicación e da constancia diaria do traballo no campo cultural. As esculturas entregaránselles aos premiados deste ano nun acto solemne en próximas datas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.