Comeza unha nova tempada para as Seleccións Galegas. En decembro disputarase a primeira fase nacional tanto en Sub 16 como en Sub 18 e tanto en homes como en mulleres, polo que a vindeira semana comezarán os adestramentos. E van a comezar con forza, con ata nove sesión de adestramentos nunha mesma semana, sesións repartidas entre catro seleccións (Sub-16 masculina e feminina e Sub-18 masculina e feminina).
A Dirección Deportiva da FGF, encabezada por Manu Fernández, decidiu manter o mesmo equipo de traballo da tempada pasada, co mesmo corpo técnico en cada selección,polo que o cambadés Ángel "Pacho" Oliveira continua na selección sub-16, coa idea de dar continuidade ó bo traballo realizado a campaña anterior.
SELECCIONADOR | SELECCIÓN |
J. Manuel Martínez "Secho" | Sub-18 masc. |
Quin Valbuena | Sub-18 fem. |
Ángel Oliveira | Sub-16 masc. |
Edu González | Sub-16 fem. |
Roberto Álvarez | Sub-12 masc. |
Susú Cores | Sub-12 fem. |
E como xa fixeron o ano pasado, nestas primeiras sesións os seleccionadores reparten as convocatorias nas zonas norte e sur co ánimo de poder ver o maior número de xogadores/as nesta primeira cita.
Dúas cambadesas foron convocadas pola Federación Galega de Fútbol para participar nun adestramento, como preparación do "VIII Campeonato de Selecciones Autonómicas Sub-16". As xogadoras deberán persoarse no Campo Federativo de Coia (herba sintética), sito en Vigo, provistas do material deportivo oportuno para levar a cabo o adestramento.
Tratase de MARGARITA POMBO VILAS que milita no JUVENTUD CAMBADOS Feminino de recente creación e NEREA PREGO GONZALEZ que milita no S.D. CHISPA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.