Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de octubre de 2016

1200 PERSOAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO PROGRAMA "EN RUTA COA DEPO"











"En ruta coa Depo", programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar preto de 1.139 persoas pertencentes a asociacións dos concellos da Guarda, de Ponteareas, Vigo, Caldas, Poio, Vilagarcía de Arousa, Marín, Meaño, Mos e Baiona.
En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Asociación Avelaíña e a Asociación de Recuperación do Traxe Galego (A Guarda); a Asociación de veciños San Gregorio de Guillade de Ponteareas; Asociación de veciños do Calvario, AVCR San Mamede de Zamáns, Asociación de Antigos Alumnos de Don Bosco, Asociación Xaruma, Asociación de Xubilados e Pensionistas Avoa e A.V. de Novo Vigo de Vigo; Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses de Caldas de Reis; Centro Social do Concello de Poio; Asociación Mulleres Rurais e Consumidores de Trabanca Sardiñeira e AA.MM.RR. de Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa; Asociación Cultural Comparsa Chan do Bosque e Asociación Sociocultural Malvela de Mos; ANPA Aidon de Marín; Asociación Mulleres Rurais A Telleira de Pena de Meaño e Centro Social e Cultural de Baíña de Baiona.
Estas asociacións realizarán rutas polo concello de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; visitarán os museos de Lalín e o complexo arqueolóxico aldea de Codeseda; percorrerán Meis e Ribadumia; achegaranse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitarán Cambados e Ribadumia; percorrerán o conxunto histórico do Grove e realizarán un paseo en barco pola ría de Arousa; achegaranse ata a illa de San Simón e visitarán Redondela e visitarán Pontevedra para percorrer a senda polo Río Lérez e o Apípolis e en Marín a Granxa de Briz e o lago Castiñeiras.
"En Ruta coa Depo" é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofrecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.