Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de septiembre de 2016

XORNADAS "QUE FAGO DA MIÑA VIDA?"











“Que fago da miña vida?” é o título dunhas xornadas de interacción xuvenil organizadas pola agrupación Efervescencia Mental. 
Estas xornadas terán lugar o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro no Auditorio da Xuventude, e buscarán poñer en contacto a xóvenes de diferentes ámbitos para intercambiar experiencias e mesmo emprender proxectos conxuntos.
Para participar será necesaria unha inscripción previa. Hai 30 prazas dispoñibles. Nembargantes, a entrada ao QFDMV Show, espectáculo de variedades en directo que se celebrará o sábado pola tarde, será aberta.
O proxecto foi gañador do premio Iniciativa Xove da Xunta e está levado a cabo polo grupo informal Efervescencia Mental, formado por Leticia García, Bárbara Abal, Lorena Prieto, Alberto Domínguez e Eduardo Apariz.
Colaboran no proxecto a Xunta de Galicia, Iniciativa Xove e o Concello de Cambados.
As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: efervescenciamental@gmail.com ou da páxina de facebook:www.facebook.com/quefagodaminavida





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.