Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de septiembre de 2016

INCENDIO NUNHA GRANXA EN VILANOVA






ARQUIVO



Un incendio declarado esta noite nunha granxa de Vilanova de Arousa provocou a morte por asfixia de ducias de pitos. As instalacións sitúanse no lugar de San Bartolomeu, na parroquia de Tremoedo.
O lume iniciouse en varios puntos onde había palla almacenada. Así e todo, a granxa non se viu afectada. Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia ás 3:00 horas desta madrugada para explicar a situación. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse aos Bombeiros do Salnés e a Urxencias Médicas, aínda que finalmente ningunha persoa resultou ferida. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil.
Os efectivos mobilizados conseguiron sufocar as lapas minutos despois das 4:00 horas de hoxe.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.