Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de agosto de 2016

VOLVE O "PLAN MADRUGA" A CAMBADOS CON NOVIDADES










Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados volverase a poñer en marcha, un ano máis, o Plan Madruga “Os primeiros do cole” neste curso 2016-2017. Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido as súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos á hora de entrada no colexio.
O Plan Madruga “Os primeiros do cole” iniciarase o vindeiro luns 3 de outubro e desenvolverase durante todo o ano lectivo. Realizarase en colaboración coas direccións de cada centro educativo no que se alcance un mínimo de 10 nen@s. Terá un horario de inicio de 7.45 ata o comezo das clases. Durante este tempo, os monitores recibirán aos nen@s e realizarán actividades e xogos. Este ano gravarase este servizo cunha taxa de 4€ ao mes.
Para acollerse a esta actividade será condición indispensable cubrir unha solicitude que está á disposición de todas as familias interesadas no Rexistro do Concello de Cambados ou na Biblioteca Municipal Luís Rei. O prazo de presentación de ditas solicitudes será do 1 ao 15 de setembro, e realizarase atendendo ás seguintes indicacións:
-A persoa interesada deberá achegarse á Oficina da Tesourería no primeiro andar da Casa Consistorial. Alí fará efectivo o primeiro pagamento de 4€ para que a súa solicitude sexa admitida a trámite, emitíndose o correspondente recibo.
-A continuación presentarase coa solicitude cuberta e a documentación requerida, na Oficina do Rexistro, sita na planta baixa do Concello. O horario de atención ao público será de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas.
De entre a documentación que se solicita destaca un certificado de empresa que acredite a necesidade de facer uso deste servizo, aínda que tamén se poderán atender, de non cubrirse as prazas, aquelas peticións puntuais nas que as circunstancias familiares así o esixan, como ter persoas maiores ao cargo, ou atencións médicas continuadas, debendo achegar igualmente a xustificación correspondente.
O ingreso económico non faculta ás persoas interesadas para acceder á actividade; porén deberán agardar ao venres 23 de setembro, data na que se publicarán as solicitudes admitidas. Darase prioridade a aquelas familias, nas que traballen os dous proxenitores e que precisen deixar aos seus fillos todo o curso escolar dende as 7.45-8.00 horas. A aquelas persoas non admitidas reembolsaráselles na conta aportada na inscrición, o pagamento realizado.
Para maior comodidade, a partir do segundo mes de uso do servizo, permitirase o pagamento a través de domiciliación bancaria de novembro a xuño, ou trimestralmente. Tamén poderá realizarse persoalmente na Oficina de Tesourería. O pagamento deberá efectuarse nos 5 días anteriores ao comezo do mes para o que se inscriba ao nen@.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.