Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de agosto de 2016

XORNADAS CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL NA BIBLIOTECA LUÍS REI














Os vindeiros luns 29 e martes 30 de agosto, na recta final da programación de verán organizada pola Biblioteca Municipal Luís Rei, levaranse a cabo unhas xornadas para a concienciación medioambiental organizadas a través de Cruz Vermella O Salnés.
Trátase dunha serie de actividades gratuítas baseadas en xogos, dinámicas de grupo e traballos manuais que serán impartidas por voluntariado da institución e faranse tanto no interior como no exterior da Casa dos Fraga. Ditas xornadas enmárcanse no proxecto Verán Verde Medioambiental que Cruz Vermella Xuventude leva a cabo durante os meses estivais en diferentes localidades da Comarca do Salnés. A través das distintas actividades, o grupo de voluntarios e voluntarias tratarán de sensibilizar aos máis pequenos da importancia do coidado do noso contorno. Esta vez participarán os 20 nenos xa inscritos en xuño e que cubriron o total de prazas dispoñibles.
Grazas ao apoio de Cruz Vermella, a Biblioteca Municipal pretende incentivar este tipo de actividades colaborativas para nenos e nenas e continuar igualmente coas realizadas con persoas maiores de 65 anos, dado o éxito acadado nas iniciativas anteriores.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.