Ademais mete outro dos seus equipos no quinto posto.
O Clube Atletismo Cambados- Seguros Noval estivo representado este fin de semana na “Carreira Popular 24 horas por relevos” por 3 equipos na categoria de equipos mixtos compostos por homes e, como minimo 3 mulleres.
O resultado non pudo ser máis satisfactorio, xa que despois de quedar o ano pasado as portas do podio, este ano consigueu un dos equipos o 3º posto da clasificación xeral dun total de 37 equipos participantes nesa categoria. Ademáis o segundo equipo consigueu o 5º posto e o terceiro equipo o 14º posto na mesma categoria.
Esta novedosa carreira supón que os integrantes dos equipos teñan que facer un gran esforzo, xa que comezou as 12:00 horas do Sabado e rematou as 12:00 do Domingo, tendo que facer turnos durante todo o día e toda a noite co esforzo que supon estar case sen durmir e competindo unha media de entre 25 e 35 km. cada integrante dos equipos, segundo a táctica de cada un.
Durante moitas horas os dous primeiros equipos de Cambados chegaron a comandar a clasificación no primeiro e segundo posto chegando a soñar cun doblete no podio.
Con este resultado o Clube Atletismo Cambados consigue un dos seus primeiros éxitos da recen iniciada tempada e recorda que iniciou a campaña de captación de socios afeccionados ao atletismo e que queiran mellorar os seus tempos ou simplemente iniciarse no atletismo, nun ambiente de amizade e gran compañeirismo. Para facerse socio poden consultar a páxina do Facebook do clube ou mediante whatsapp no telefono 658813005. A cuota e de 50€ anuais con dous dias de adestramentos a semana e moitas máis ventaxas gracias ao patrocinador do Clube, Seguros Noval.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.