Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2016

37 CONCELLOS DA PROVINCIA CONVENIAN COA DEPUTACIÓN A RETIRADA DE VEHÍCULOS ABANDONADOS










O servizo, cun período de validez de dous anos prorrogables por outros dous, non suporá ningún custo para os concellos
A Deputación de Pontevedra vén de asinar, un ano máis, o convenio para a retirada e tratamento de descontaminación dos vehículos abandonados ou fóra de uso ao que se adheriron 37 concellos da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes. A institución provincial, consciente do aumento do número de vehículos que se atopan nesta situación e da contaminación ambiental e visual que xeran, mantén deste xeito o seu compromiso cos concellos e cun dos seus fins principais: o de garantir a prestación integral e axeitada dos servizos de competencia municipal, entre os que se atopan a recollida e xestión de vehículos.
Este servizo, que non terá ningún custo para os municipios, suporá que a empresa adxudicataria –Vigoto Uno S.L. – deberá retirar os vehículos nun prazo non superior a cinco días despois de que dende os Concellos se lle requira. O convenio ten un período de validez de dous anos a contar dende a súa sinatura, pero poderá ser prorrogable por outros dous no caso de que ambas as dúas partes así o acorden.

Os 37 concellos beneficiarios deste convenio son os seguintes: Agolada, Arbo, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Forcarei, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.