Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de agosto de 2016

APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES










Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional do Concello de Cambados de data 31.05.2016 de modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles e que afecta ao artigo 9 “Bonificacións”, engadindo un apartado 5, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
“Artigo 9. Bonificacións
As bonificacións de carácter rogado deberán ser solicitadas polo suxeito pasivo do imposto.
Con carácter xeral, o efecto da concesión de bonificacións comezará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non poderá ter carácter retroactivo. Nembargante, cando o beneficio fiscal se solicita antes de que a liquidación sexa firme, concederase si na data do devengo do tributo concorren os requisitos esixidos para o seu disfrute.
1. Concederase unha bonificación do 90 % na cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, ós inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel no que se inicien as obras ata o posterior ó remate das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos.
Para disfrutar desta bonificación, os interesados deberán cumprir os seguintes requisitos:
— Acreditación da data de inicio das obras de urbanización ou construción de que se trate, a cal farase mediante certificado do Técnico Director competente das mesmas, visado polo Colexio Profesional.
— Acreditación de que a empresa dedicase á actividade de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, a cal farase mediante a presentación dos estatutos da sociedade.
— Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación é da súa propiedade e non forma parte do inmobilizado, que se fará mediante copia da escritura pública ou alta catastral e certificación do administrador da Sociedade, ou fotocopia do último balance presentado ante a AEAT, a efectos do imposto sobre Sociedades.
— A solicitude de bonificación poderase formular dende que se poida acreditar o inicio das obras.
— Fotocopia do alta ou último recibo do Imposto sobre Actividades Económicas.
A acreditación dos requisitos anteriores poderase realizar tamén mediante calquera documentación admitida en dereito.
Se as obras de nova construción ou de rehabilitación integral afectan a diversos solares, na solicitude detallaranse as referencias catastrais dos diferentes solares.
2. As vivendas de protección oficial e as equiparables a estas segundo as normas da Comunidade Autónoma, disfrutarán dunha bonificación do 50 % durante o prazo de tres anos, contados dende o ano seguinte á data de outorgamento da calificación definitiva.
Esta bonificación concederase a petición do interesado, a cal poderase efectuar en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración da mesma e terá efectos, no seu caso, dende o período impositivo seguinte a aquel no que se solicite.
Para ter dereito a esta bonificación, os interesados deberán aportar a seguinte documentación:
• Escrito de solicitude da bonificación.
• Fotocopia da alteración catastral.
• Fotocopia do certificado de calificación de V.P.O.
• Fotocopia da escritura ou nota simple rexistral do inmoble (se na escritura pública non constara a referencia catastral, fotocopia do recibo do IBI do ano anterior).
3. Terán dereito a unha bonificación do 95 por 100 da cota íntegra os bens de natureza rústica das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, de 19 de decembro, sobre Réxime Fiscal das Cooperativas.


4. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa disfrutarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual e na que estean empadroados, sempre que a renda familiar non supere os 16.000 €/anuais, de acordo cas seguintes categorías:
— Titulares de familia numerosa de categoría xeral: 50%
— Titulares de familia numerosa de categoría especial: 75%
Para a aplicación de ditas bonificacións será requisito imprescindible a súa solicitude polo interesado, que deberá acreditar:
a) O empadroamento na vivenda obxecto de solicitude dos membros da unidade familiar.
b) A condición e categoría de familia numerosa, por medio de título oficial.
Cada ano posterior, e con anterioridade ó transcurso dun mes dende a finalización do período de exposición pública do Padrón do Imposto, deberá comunicarse ó Concello, mediante escrito dirixido ó Ilmo Sr. Alcalde, o mantemento das condicións esixidas ou as variacións das circunstancias, xunto con copia dos xustificantes necesarios. A falla da devandita comunicación, suporá a perda para ese período impositivo do beneficio fiscal.
Non se poderá aplicar a bonificación a mais dunha vivenda por titular.
Esta bonificación non será compatible coas demais bonificacións establecidas no presente artigo.
O efecto da concesión da presente bonificación comezará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non poderá ter carácter retroactivo.
5.—Concederase unha bonificación do 95 por cento da cota íntegra do imposto a favor de inmobles de natureza rústica nos que se desenvolvan actividades económicas do sector primario (viticultura, sector lácteo, cárnico, horticultura...) que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de inmobles de natureza rústica nos que se desenvolvan actividades económicas do sector primario e que soliciten a concesión desta bonificación terán que acreditar algunha das seguintes circunstancias: estar dados de alta en facenda nunha actividade económica do sector primario mediante declaración censal; ser socios dunha cooperativa agrícola, vitivinícola ou gandeira; ser viticultores pertencentes a denominación de orixe Rías Baixas.”
A presente modificación entrará en vigor o día seguinte a súa publicación no B.O.P, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpoñer polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.