Tras máis de vinte anos de traxectoria traballando por conta allea en centros de atención temperá, a fisioterapeuta Fernanda Jorge Silverio decidiu crear a finais de 2012 CIGAT, un centro dedicado á atención de nenos e familias que necesitan recibir intervención en calquera dos ámbitos da atención temperá. Segundo explica a súa fundadora, o principal fundamento da iniciativa é a atención a domicilio. "Sempre compaxinara o meu traballo por conta allea coa atención domiciliaria. É algo frecuente entre os fisioterapeutas. Observei que cada día os pais teñen unha maior necesidade de conciliar a súa vida laboral coa familiar e valoran non ter que levar aos seus fillos a unha clínica. Ademais, existe un perfil de pacientes que non poden saír de casa, por exemplo nenos con disfunción pulmonar ou cardíaca e é necesario tratalos nas súas residencias.
Comprobei os beneficios da atención a domicilio. Coñeces á familia na súa contorna, como se organiza, quen pasa máis tempo co menor... Podes indicar como empregar os recursos que ten a casa en beneficio do desenvolvemento do pequeno e tes a oportunidade de reforzar a intervención diaria dos familiares, como xogar co seu fillo, como manter posturas correctas...".

Para explicar todo o aprendizaxe as familias o sábado13 de agosto a fisioterapeuta Fernanda Jorge estará no Colexio Salesiano "A Merced" de Castrelo en Cambados para impartir a formación básica para familiares de afectados da AME e outras doenzas similares, fisioterapeutas i estudantes de Fisioterapia.
É necesaria a inscricición previa no mail asociaciongaliciame@gmail.com co xustificante bancario do ingreso dos 15 € que custa a formación na conta que aparece no cartel de arriba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.