
O Marta Lojo Wine Design Studio ven de recibir un novo premio.
Unha etiqueta do estudo Marta Lojo de Cambados foi premiado na terceira edición dos premios "SAKURA" Japan Women's Wine Awards 2016, que se entregan en Xapón. A etiqueta galardoada corresponde á marca Colorea, un viño <tempranillo> de Adegas Cristo de la Vega pertencente á D.O. A Mancha.
As Adegas Martín Códax e Paco & Lola tamén están entre os premiados coas etiquetas dos seus viños Marieta de Adegas Martín Códax cunha medalla Dobre Ouro, mentres que o Paco&Lola de Cooperativa Vitivinicola Arousa
na levouse unha medalla de Ouro.
Máis de 3500 etiquetas foron presentadas a concurso procedentes de 35 paises.
Double Gold (dobre ouro) para 181, acadaron Gold (ouro) 702 e Silver (prata) un total de 615 etiquetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.