Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2016

REMATA O CICLO DE TEATRO AS SEIS COA OBRA "LUPPO"










LUPPO

LUPPO acadou o premio "Mejor espectáculo para público infantil y público familiar" na Feria de teatro de Castilla e León.
“LUPPO”  conta unha historia de sentimentos e emocións e é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego coas persoas, da relación cos nosos veciños, da importancia das historias que construímos ao longo da nosa vida.
Con este espectáculo queremos enxalzar a importancia das relacións humanas e dá igual a idade, o máxico que é para os pequenos a influenza dos avós, avoas, veciños maiores, tíos, tías… que os agasallan tanta experiencia, tanto coñecemento, tanta paciencia. O peso que ten a relación nenos/as e persoas maiores. Con Luppo apostamos polo respecto aos nosos maiores e a necesidade destas relacións.

Luppo está pensado para público de 4-100 anos.

SINOPSIS


Luppo é un home maior que vive só e todos os días ás 12 en punto da mañá acende o seu gramófono para escoitar ópera, todos os días a mesma canción. Luppo ten un amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 da mañá vaino visitar e lévalle pan, leite e o seu xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida, segredos que agocha no seu gramófono…
Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está.
Luppo fala do que botamos en falta a un ser querido cando emprende a súa última viaxe e a sorte que tivemos de telos coñecido.
Luppo é un espectáculo pensado para pequenos, a partir de 4 anos e para adultos. É un proxecto impecable, tanto na súa estética, o seu guión, como na súa osta en escena que non deixará indiferente a quen o vexa.
ESTÉTICA
A estética de Luppo sorprende pola súa sinxeleza, todo é de cartón, os monicreques, a escenografía, o aderezo. O cartón, un material aparentemente pouco atractivo e tan cotiá en Luppo cobra relevancia e lévase ao seu máximo esplendor.


No Auditorio Municipal da Xuventude as 6 da tarde e os precios serán de 3´50 € ou 2´50€ 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.