Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2016

IV RUTA CABALAR SALNÉS-TERRA DE MONTES DESDE CAMBADOS





Mañá xoves ás 10:00 horas na Praza de Fefiñáns, a Alcaldesa e o Concelleiro de Cultura, recibirán e agasallarán aos 110 cabaleiros da 4ª Ruta Cabalar Cambados-Sabucedo.

IV Ruta Cabalar Salnés - Tabeirós Terra de Montes que se levará a cabo o próximo 24 e 25 de Marzo. Todos os asistentes a este evento poderán gozar dunha gran ruta dacabalo de 80 quilómetros de percorrido que transcorrerá polas belas paraxes de municipios como Cambados, Meaño, Meis, Pontevedra ou A Estrada.


A ruta percorrerá durante o primeiro día, xoves 24, Cambados, Ribadumia, Meaño, Meis e Pontevedra, lugar este último onde os cabalos poderán pasar a noite nas instalacións da praza de touros. A segunda xornada, venres 25, desenvolverase polos municipios de Campo Lameiro, Cerdedo e A Estrada.


A ruta cabalar conta coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e os sete Concellos polos que transcorrerá, e os participantes da marcha poderán gozar do gran pracer de montar dacabalo á vez que se deleitan cos belos e idílicos paisaxes da provincia pontevedresa.

A ruta terá o seu punto de partida no a vila de Cambados e o seu termo na parroquia de Sabucedo, sita no municipio da Estrada.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.