
A tranquilidade ou as angustias chegarán este sábado para o bloque galego en Zaragoza. Se caen na cancha de Simply Olivar, verán como o descenso colócase a un partido de distancia e cos maños levándose o basket average particular. Se gañan, a penúltima praza quedará xa a tres encontros con catro por disputarse. Tras ese duelo contra os aragoneses, Xuven Cambados afrontará un último enfrontamento directo ante Zornotza en Larrea, no peche da tempada. Un duelo que, segundo o que ocorra este sábado, podería non ter valor algún.

Data e hora: Sábado, 20:00 h.
Atención a: Tres vitorias seguidas a domicilio para os galegos, catro derrotas consecutivas en casa para os aragoneses. Debut nos amarelos de Shota Gelazonia
O dato: Nese refacho, Xuven Cambados sempre alcanzou os 80 puntos como visitante, mentres que Simply Olivar non alcanza esa cifra desde o 28 de novembro, precisamente no encontro de ida.
Na primeira volta: 75-80 para os maños, cunha incrible remontada no terceiro período.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.