Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de marzo de 2016

ABREN AS DÚAS PRIMEIRAS POUSADAS DO SALNÉS









Coincidindo coa Semana Santa, a cadea Hotusa, do empresario galego Amancio López, acaban de abrir as portas as dúas primeiras Pousadas do Salnés, unha rede de establecementos de catro estrelas impulsada pola Deputación de Pontevedra.

Con un retraso de un ano por culpa dos erros de construcción e administrativos por parte do anterior Goberno Provincial.

Estes días, os hoteis da Lanzada, no Grove, e Armenteira, en Meis, recibiron aos seus primeiros hóspedes. As outras dúas pousadas, situadas en Meaño e Ribadumia, estarán listas para albergar turistas "o próximo verán", segundo adiantou a presidenta do organismo provincial, Carmela Silva.

Especialización

A idea do empresario galego Amancio López é diferenciar cada un destes establecementos, que inclúen na súa páxina web dentro da categoría Domus Selecta de pequenos hoteis con encanto. No caso de Armenteira, a gastronomía será o seu principal atractivo, mentres que no da Lanzada o será o turismo. Pola súa banda, o de Meaño estará asociado ao mundo do viño e o de Ribadumia, á actividade física e a saúde.

O empresario cubrirá con estas novas aperturas boa parte da costa pontevedresa, onde tamén xestiona, a través da cadea Eurostars, o Gran Hotel da Toja e o Hotel Balneario Illa da Toja, ambos os propiedade do Banco Popular.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.