Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2016

ACORDO DE GOBERNO SOBRE A REPRESA DE CABANELAS






No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 18 de xaneiro de 2016, publicase “solicitude de Gestora Inmobiliaria La Toja S.A para autorización de obras de construción represa no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, concello de Ribadumia (Pontevedra)”, recolléndose textualmente en dita publicación que “As obras solicitadas consisten na construción da represa nunha superficie de 40.10 m. de lonxitude e 29,30 m. de anchura, con coieira, cunha altura máxima de 1,80 m. sobre rasante, e bloques de 500 kg., noiros de 20/1(H/V) augas arriba e 2/1 augas abaixo, cun canal central para augas baixas no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, Ribadumia. Para reconstrución de represa existente necesaria para evitar a salinización da captación de auga par abastecemento da illa da Toxa”.

Por tal motivo, e tendo en conta que a referida inmobiliaria dispón dunha captación propia de auga no río Umia, que usa para o abastecemento á illa, en especial para o rego do campo de golf. Que a autorización da captación foi renovada por arte de Augas de Galicia en xuño de 2015, e en relación coa mesma tamén se teñen realizado obras de mellora da canalización ata a illa da Toxa, que discorre pola Enseada do Bao, situada dentro do espazo natural protexido Umia-O Grove. Que non ten xustificación a realización desta represa, nin desde o punto de vista da necesidade de subministro, xa que os concellos do Salnés captan a maior parte da auga que consumen no río Umia no lugar de Ponte Arnelas, que previo paso pola depuradora ubicada en Treviscoso, e distribúe auga aos diferentes concellos, contando o concello de O Grove con tubaxe propia, nin desde o impacto medioambiental que supón, tanto a infraestrutura como a canalización, para o ecosistema do Umia; e, que que nas manifestacións recollidas en diferentes medios de comunicación a citada inmobiliaria, declara non ten maior interese na infraestrutura e que “foi Augas de Galicia quen nos obrigou a facer esta obra”.

É polo que SOLICITA do goberno municipal do Concello de Cambados, se sume aos colectivos que no Salnés xa manifestaron a súa oposición a esta actuación no Umia, (Colectivo Ecoloxista do Salnés, Club Naútico o Muíño, Asociación de Veciños de Oubiña...) por tratarse dun río que padece múltiples agresión mediambientais, e na súa consecuencia se adopte por parte do Pleno o seguinte ACORDO:

Instar ao Goberno galego a que busque outras alternativas para o subministro de auga á illa da Toxa, si non é suficiente o subministro que chega ao concello de O Grove a través do subministro público, e que non se autoricen as obras de construción dunha represa no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, concello de Ribadumia, xa que as mesmas afectan a espazos e especies protexidas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.