Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de enero de 2016

VIAXE DE ESTUDIOS A ROMA DE ESTUDANTES DO I.E.S. ASOREY E ANTROIDO






Nas vindeiras semanas a actividade vai ser frenética no I.E.S. Asorey A continuación podedes ver algunhas das actividades programadas.

O Departamento de Bioloxia e Xeoloxía fará mañán unha  visita aos museos científicos de A Coruña.
Os laumnos de 3º ESO acompañados de varios profesores.
O prezo de 6 € da actividade divídese en 5 € para axuda ao transporte e 1 € para a proxección no IMAX da DOMUS.

Para o 29 deste mesmo mes o Departamento de Física e Química organiza unha  charla sobre: “A industria química e os seus procesos” a cargo de: DIEGO GÓMEZ, enxeñeiro Químico para alumnos de   4º ESO-A / 4º ESO-B (Alumnos de F.Q.) 1º BACH-A e 2º BACH-A. Esta charla está subvencionada polo programa APONTE. Terá lugar no Salón de Actos do centro a 3ª e 4ª horas (10.45 a 12:25)

O Departamento de LATÍN E GREGO organiza unha viaxe de estudos a Roma e Pompeia. Os alumnos de 1º BAC-B e 2º BAC-B acompañados por dous mestres visitarán do luns 25 ao venres 29 de xaneiro de 2016 as duas cidades italianas.
Os obxectivos desta viaxe son: 

Achegar a realidade do mundo romano ao alumnado de Latín e Grego dende a súa metrópole.
Estudar in situ as pegadas do mundo romano nas ruínas de Pompeia.
Visitar algúns dos monumentos máis representativos da arte universal e que son obxecto de estudo para os alumnos de Historia da Arte de 2º de 
Bacharelato.
Fomentar a convivencia entre os alumnos entre si e mais entre alumnos e profesores.

Na viaxe estarán acompañados da lectora de inglés Krista Burdick



ENTROIDO

VENRES 5 FEBREIRO – Salón de Actos

  1. Cada clase (ao menos a metade)   disfrazarase dun mesmo tema. O tema deste ano son as VIAXES E VACACIÓNS POLO MUNDO . Non é obrigatorio tratar este tema, pero o xurado vaino ter en conta á hora de valorar a actuación.

  1. Hai que facer unha escenificación do disfraz (unha canción, un baile, teatro, mímica etc) no Salón de Actos.

  1. O delegado debe apuntarse e informar en conserxería de:      
  • curso que participa e o nome do disfraz.
  • número de alumnos que se disfrazan.
  • duración aprox. da actuación (máx. 5 min.).
  • medios técnicos que precisan (música, canón ...)

  1. Prazo máximo para inscribirse e entregar material multimedia: martes 3 de febreiro no primeiro recreo.

PREMIOS:
  • 1º PREMIO “IUNIOR” (1º, 2º e 3º ESO) Vale  cafetería.
  • 1º PREMIO “SENIOR” (4º ESO, BACH, e CICLOS) Vale cafetería

          E O PREMIO ESPECIAL PARA O MELLOR GRUPO:

Comida no restaurante: A CULTURAL de Cambados





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.