Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de enero de 2016

TODA A PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO´16





VENRES DE ENTROIDO - 


UNHA CHEA DE ENTROIDOS

21.00 h. Na Praza de Alfredo Brañas “Unha Chea de Entroidos”organizado por Unha Grande Chea coas actuacións de Noite Fechada, Leda Atómica, Take It Easy, Dúas Grandes Recheas, Nin Os Cans, Cabanillas, ModelFucker, Olodum do Coio, Xironsa e Unha Grande Chea. No acto colaborarase en beneficio da AME.

SÁBADO DE ENTROIDO 

A partir das 13.00 h. e ata o Domingo de Piñata primeiras xornadas dos “Petiscos de Entroido” en colaboración con hostaleiros e restauradores adheridos a Zona Centro. Cada un dos participantes elaborará un petisco cos produtos típicos destas datas. Máis info na web www.cambadoszonacentro.com

A partir das 17.00 h no Parque de Torrado animación infantil, inchables, obradoiros e globoflexia da man da Illa dos Nenos.* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña

DOMINGO DE ENTROIDO 


 DESFILE DE CARROZAS 

16.00 h. Na Escalinata de San Tomé recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile.17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da música da Charanga Os Jaláticos e o Grupo de Batucada Olodum do Coio polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns – Avda. da Coruña – Paseo da Calzada – Praza do Concello
O desfile será retransmitido pola humorista da TVG Isabel Risco que estará acompañada polo DJ Studio 21.18.30 h. Entrega de diplomas dos premios do concurso de 300€ á 3ª clasificada, 400€ á 2ª clasificada e 500€ á 1ª clasificada. Ademais, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación.

LUNS DE ENTROIDO  

BAILE INFANTIL E CONCURSO DE FILLOAS 

17.00 h. No Salón de Congresos e Exposicións J.Peña, Baile de Entroido Infantil con animación a cargo de Nueva Era e premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, e grupo de 150€ cambiables en establecementos comerciais de Cambados. Organizan, xunto co Concello, a Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro.

17.30 h. Concurso de Filloas na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña con premios de 100€ ás máis saborosas e 100€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán unha gratificación de 50€ por participar. 

MARTES DE ENTROIDO 

GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS

17.00 h. Na Praza de Alfredo Brañas Concurso de Disfraces nas categorías de xuveníl e adulto presentado pola humorista da TVG Isabel Risco con premios en vales de compra dos establecementos comerciais de Cambados ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€.
18.30 h. Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas de 100€, 200€ e 300€ respectivamente. Para o resto de participantes non pre-miados: gratificación de 100 €, sempre e cando o sábado 6 de febreiro se com-prometan a facer unha ruta dando a co-ñecer a súa comparsa e as súas letras polos establecementos de Zona Centro que colaboran coas primeiras xornadas “Petiscos de Entroido” (ver programa na web www.cambadoszonacentro.com )

* En caso de choiva os concursos trasladaranse ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

MÉRCORES

ENTERRO DA SARDIÑA

19:00 h.“Para salvar as nosas almas logo dos excesos propios do Entroido, terá lugar na Praza do Concello a homilía guiada polo PREDICADOR e o coro gospel Olodum do Coio. Mediante a percusión, os cánticos sagrados e a palabra, os asistentes atoparán o verdadeiro camiño de salvación, a purificación, e a expiación do pecado. Homes, mulleres, plañideiras, cativos, guerreiros e covardes, votantes e políticos, da resistenza ou do lado escuro... Quedades todos convidados a acompañar á comitiva co gallo da queima da sardiña que terá lugar na praia de San Tomé (ou no despacho da alcaldesa se as inclemencias do tempo así o dictan) e que partirá dende a mesma Praza do Concello...ALELUIA!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.