Efectivos de Protección Civil de Cambados retiraron onte venres unha culebra que apareceu no patio do colexio de Vilariño. A presenza do ofidio dentro do recinto escolar fora detectada este xoves por uns pais xunto aos columpios.
Como precaución, a dirección do colexio restrinxiu o acceso ao patio durante este venres, xa que a falta de luz fixo imposible localizar á serpe. Este venres renováronse os traballos para retirar á culebra que, unha vez capturada, foi posta de novo en liberdade na parcelaria de Oubiña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.