Unha semana despois e cando o PP provincial (papá Pontevedra) amosou o rexeitamento a esta Lei mentras non se faga co consenso dos sectores do mar e cando xa outros destacados membros do PP da comarca (Gonzalo Durán, alcalde popular de Vilanova á cabeza) o Partido Popular de Cambados, a través do seu portavoz Luís Aragunde, mostrou o seu apoio a unha moción proposta pola Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa e acordada cos grupos que forman o goberno cuatripartito, na que solicitan á Consellería do Mar a suspensión da tramitación da Lei de Acuicultura de Galicia e a apertura dun período de consultas cos distintos axentes do sector que faga desta futura Lei conte co beneplácito das xentes do mar.Luís Aragunde difundeu ese apoio ao cerco galego cunha imaxe que circula polas redes sociais e que non é a melllor imaxe que se podía facer. Xa circula tamén polas redes un "meme" desta imaxe que non é precisamente favorecedora do líder da oposición.
De paso que dá o sei apoio debería advertir a algúns dos membros que conformaban a candidatura do PP nas pasadas municipais a que pediran perdón polos comentarios feitos nas redes. Pero non atoparedes xa eses comentarios na páxina da dereita. Xa se encargan de eliminar todas as cousas que demostran o que realmente son. Segundo nos informan esta páxina publica como mínimo 2 ou 3 post diarios e agora facendo unha revisión hai dias nas que non aparece nada. Arrepíntense das mentiras publicadas?

Pero o importante é que os representantes do cerco solicitan un reparto máis xusto das cotas, que pasen a ser por barco e tripulante, e que non se teñan en conta criterios históricos. No reparto de cotas deben prevalecer os criterios socioeconómicos e medioambientais, sería o lóxico e o xusto se queremos ter futuro na pesca.
Decir que a acuicultura serve para preservar e consolidar os espazos naturais como tales, roza o absurdo.
Un barco comprado ou feito hai dous anos apenas ten dereito a un mínimo de capturas.
Tras 92 días de amarre da flota e 88 de acampada fronte á sé da Xunta en Santiago, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) decidiu o domingo pasado levantar ambas protestas contra o reparto de cotas do Goberno. Fíxoo nunha asemblea "dividida" e tras unha votación "apertada", segundo explicou o portavoz da asociación -que agrupa á maioría de buques do sector en Galicia-, Andrés García. Os armadores acordaron volver a faenar o vindeiro luns e desmontarán o campamento de San Caetano o domingo, tras un último "acto reivindicativo".
Unha situación económica "insostenible" e unhas negociacións "estancadas" trala reunión mantida co Ministerio de Agricultura a semana pasada, na que o secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, alegou estar "en funcións" para negarse a cambiar o reparto de cupos. "Creo que neste momento, con este Goberno, non temos moito máis percorrido", indicou García, polo que Acerga esperará a que se forme un novo Executivo para volver intentar chegar a un acordo. "Necesitamos saír ao mar porque levamos moito tempo amarrados e aos mariñeiros esgotóuselles a prestación por desemprego tralos ERE que tramitamos", engadiu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.