OS 32 MILLÓNS DE QUILOS DE UVA VENDIMIADOS CUMPREN COAS EXPECTATIVAS EN CANTO A CALIDADE E CANTIDADE NA D.O. RÍAS BAIXAS

Para o director técnico da D.O. Rías Baixas, Agustín Lago, "cumpríronse as nosas previsións en canto á cantidade prevista polo Órgano de Control e Certificación, así como á calidade da uva, que consideramos moi boa en base aos parámetros fundamentais de grao, máis elevado que a pasada campaña, e acidez, máis compensada".
Os case 32 millóns de quilos de uva recollidos nesta campaña transformaranse nuns 22 millóns de litros de viño de moi alta calidade, segundo as estimacións que baralla o Órgano de Control e Certificación de Rías Baixas. "Unha cantidade de viño que nos garantirá manter os niveis de comercialización en todos os mercados", engade Agustín Lago
A produción da variedade Albariño, dentro das variedades brancas, segue sendo a maioritaria, representando o 96,8% do total. Séguenlle a Treixadura, Loureira e o Caiño Branco. Aínda que as variedades tintas só supoñen o 0,77% da produción, na presente campaña recolléronse 246.660 quilos de uva, un 19,79 % máis que o ano anterior e coa variedade Sousón na cabeza.
En canto á produción, a subzona do Salnés mantén a súa hexemonía, seguida polo Condado do Tea, O Rosal, Ribeira Ulla e, por último, Soutomaior.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.