Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de octubre de 2015

A DEPUTACIÓN SUBVENCIONA 260 ACTIVIDADES NA PROVINCIA






A Deputación destina preto de 280.000 euros a actividades culturais na provincia de Pontevedra.


Un total de 260 actividades culturais celebradas por entidades de toda a provincia perciben un total de 279.898 euros nesta liña de axudas
Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de aprobar as axudas do Plan de actividades culturais  para asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven diversas actuacións en concellos de toda a provincia. En total aprobáronse 260 subvencións por un importe de case 280.000 euros. Estas axudas contemplan intercambios culturais, festivais ou exposicións.

Ao igual que nas outras dúas liñas de axudas deste Plan, a concesión das subvencións realizouse en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación criterios como a difusión da actividade que realiza a entidade solicitante, o número de persoas que participan, o número de socios e socias da asociación, o orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, así como a adecuación das actividades ou investimentos ao interese provincial.


Comarca do Salnés. Reciben axudas 30 actividades por un importe total de 31.328 euros. En Cambados, o X Encontro de Palilleiras, o XV Festival Xironsa, o VII Serán Popular de Oubiña, e o VII Congreso Comarcal do Salnés de Viticultores. 
No Grove, o Concurso Exposición de Ornitoloxía, o XIX Festival Folclórico Cantodorxo, o VIII Serán da Asociación Cultural Mecos, e a Gran Gala de Nadal da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos. 
En Meaño, o Concerto Festival de Canción Popular de Habaneiras da Asociación Cultural Coro Parroquial de San Juan, o XIV Encontro Folclórico da Asociación Cultural Penaguda Dena, e o XXIV Festival de Bandas de Meaño. 
En Ribadumia, o VI Festival Quercuslandia, o Festival Folclórico da Asociación de Veciños de Lois, o X Festival de Habaneiras en Barrantes, o Festival Folclórico A Doveira, o intercambio cultural da Banda de Música Municipal de Ribadumia coa Banda Municipal de Barco de Ávila, e o Festival Cultural Pica Espuela. 
En Sanxenxo, o 2º Festival en Arra, e o Certame de Músicas Tradicionais do Centro Cultural Deportivo Villalonga. 
En Vilanova de Arousa, a Exposición de Labores da Asociación de Mulleres Rurais O Campanario. 
En Vilagarcía de Arousa, o Outono Micolóxico da Agrupación Micolóxica de Vilagarcía, o Festival Ameixa Rock, o Intercambio Cultural da Asociación Cultural Gaitas do Mar de Arousa, o Encontro-Intercambio Folclórico da Asociación Cultural Malveiras, a Festa dos Maiores da Asociación Cultural Nosa Señora da Xunqueira, a Festirapia da Asociación Cultural Os Arenkes, as Xornadas 'A Recuperación e o Emprego na Comarca do Salnés' solicitadas pola Asociación Cultural Os Tres Castros, o Festival Folclórico da Asociación Unión Piñeira de Guillán, o Festival Anual do Círculo Artístico Deportivo o Gato Negro, e o Festival de Canto da Coral Alento Xoven. 


Actividades subvencionadas e importes por comarcas (pdf)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.