Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de octubre de 2015

41 CURSOS NO CPAE DA DEPUTACIÓN NESTE OUTUBRO








A Deputación de Pontevedra pon en marcha neste mes de outubro un total de 41 cursos de novas tecnoloxías en seis localidades dentro do programa do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0.
En concreto os cursos desenvolveranse en Cambados, Lalín, Ponteareas, O Porriño, Pontevedra e Vigo. Estes talleres desenvólvense ao longo de todo o mes de outubro e van encamiñados a preparar a os empresarios e emprendedores en diversos aspectos de novas tecnoloxías que favorezan os seus comercios e empresas.
Así se programan talleres de dixitalización, almacenamento na nube, comercio virtual, redes sociais, publicidade en Google, marketing, fotografía para comercio virtual, e-commerce, Google calendar, Hootsuite ou Wordpress.
Os talleres realízanse no Centro Exposalnés de Cambados; na aula universitaria da UNED en Lalín; no centro de desenvolvemento local de Ponteareas; no multicentro do Concello de O Porriño; no edificio administrativo da Deputación en Pontevedra; e na sede viguesa da Deputación.
Todos aqueles interesados poden consultar as datas e máis información na páxina web www.cpae20.depo.es ou  ben dirixindo un correo electrónico a info@cpae20.depo.es



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.