Un camioneiro caeu por un desnivel co vehículo que conducía pola Autovía do Salnés (AG-41), ao paso pola localidade pontevedresa de Meis. Pese ó golpe e á situación na que quedou o camión, o condutor –único ocupante do vehículo- estaba liberado e accesible e foi evacuado en ambulancia ó centro hospitalario de referencia.
Por causas que se descoñecen, o home perdeu o control do vehículo, precipitándose por un desnivel e acabando no camiño de senderismo de San Martiño de Meis.
A consecuencia do sinistro, a calzada quedou cuberta con combustible do depósito, deixando unha mancha importante que, posteriormente, tivo que ser retirada polos Bombeiros do Salnés.

O seu conductor e único ocupante non quedou atrapado no interior, pese o envorcamento, o que posibilitou que os servizos de emerxencia accederan a el sen problemas para o seu traslado a un centro hospitalario.
Ademais, como consecuencia do impacto, o combustible procedente do depósito do camión derramouse sobre a calzada.
Así, o traballo dos Bombeiros do Salnés se está a centrar en conter e retirar a vertedura. Ás 11:15 horas de hoxe, varios automobilistas, que tamén circulaban pola Autovía do Salnés, chamaron ó 112 Galicia para pedir axuda. Ademais dos efectivos do parque comarcal, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se informou a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Meis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.