Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de agosto de 2015

O ARMENTEIRA C.F. RECIBE O APOIO DA DEPUTACIÓN







A deputada provincial de deportes, Chelo Besada, e o deputado pola circunscrición do Salnés, Javier Dios, visitaron onte as instalacións do campo do Leixo, en Meis, no que disputan os seus partidos os equipos de fútbol base e dos veteranos do Armenteira CF, para comprobar sobre o terreo os desperfectos que presenta e que poñen en risco a case un centenar de nenas e nenos da parroquia que xogan nel.
Os deputados provinciais atenderon as explicacións dos membros da xunta directiva sobre as carencias do campo, que levan anos comunicando sen éxito ás distintas administracións. Ademais puideron comprobar de primeira man como o valado está cortado nalgunhas zonas, hai varandas rotas e cheas de óxido, cables e caixas de iluminación soltas e o recinto non está pechado, polo que o club denuncia o conseguinte perigo que existe para todas as persoas que xogan no campo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.