Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de agosto de 2015

A GARDA CIVIL INVESTIGA AS EXPLOSIÓNS NO PORTO DE SANXENXO







O dono da embarcación que estoupou no porto de Sanxenxo, non ten titulación para pilotar.

A Garda Civil de Cambados, que investiga o caso comunicoullo ás autoridades da Capitanía Marítima de Vigo para que actúen. As pescudas tratan de determinar o o orixe das dúas explosións. As primeiras hipóteses apuntan a unha posible neglixencia ao botar combustible. Os catro feridos continúan no hospital afectados por queimaduras.

Lembremos que a explosión dunha embarcación de lecer en Sanxenxo deixou cinco mozos feridos, un deles de gravidade. A súa lancha estourou cando estaba entrando no porto. As primeiras hipóteses apuntaban a unha acumulación de gases como posible causa.
A lancha estaba saíndo do porto cando estoupou. Puido ser por unha acumulación de gases na parte traseira do motor.

Na lancha ían cinco tripulantes. Só un deles foi curado das súas feridas no mesmo porto. Os outros catro houberon de ser transladados. Un deles, grave, levárono no helicóptero ao hospital da Coruña. Os outros tres foron en ambulancia a Montecelo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.