Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2015

ACTIVIDADES DO I.E.S. ASOREY PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS





Actividades  da Semana das Letras Galegas.

O departamento de Galego organiza a presentación da Revista ENORMIC BANDA-2015 mañán xoves para alumnos de 4º ESO, 1º CM ELECTRÓNICA e 2º BAC-A.
O vindeiro xoves 14 o mesmo departamento organiza unha función de Teatro na que a Compañía “Galeatro” representará a obra De Leria con Castelao para alumnos de 3º ESO e 1º BACH.
Esta representación ten como obxectivo dar a coñecer a figura de Castelao. A compañía “Galeatro” fórmase en 2013 coa intención de levar a escena obras relacionadas cos autores e coa lingua galega. Irrompen no panorama cultural con esta primeira montaxe coa intención de retomar a figura dun dos nosos mellores autores, Castelao. Está integrada por dous actores, Antonio Martínez Rial e Jorge López Díaz.

O luns 18 haberá un obradoiro de portugués OPS! (O Português Simples!)
A cargo de CIRANDA- À volta do português.
Os alumnos de 4º ESO-A e 4º ESO-B/C serán os que participarán desta actividade.
Con esta actividade preténdese:
-Demostrarlles aos alumnos e alumnas dun xeito lúdico que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués.
-Facelos conscientes da súa vantaxe competitiva dentro do marco español e europeo grazas ao dominio da lingua galega nun mundo globalizado onde o plurilingüísmo ten cada vez máis valor.
-Darlles a coñecer o que a Lusofonía representa en termos xeográficos, culturais e económicos, ao ser o portugués a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles Brasil, potencia emerxente.

A todo esto hai que engadir a tradicional Carreira Dos Institutos que se celebrará o venres 15 a partires das 10:30 da mañán e cuxo itinerario e categorías podedes ver no plano.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.