Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2015

PATÉTICA IMAXE DE ARAGUNDE NO XULGADO DE PONTEVEDRA






FÁTIMA ABAL ASISTE INCRÉDULA ANTE A IMAXE QUE ESTÁ A DAR LUIS ARAGUNDE  NO XULGADO DE PONTEVEDRA


Fátima Abal demostra como unha vez máis o Alcalde de Cambados ten un afán de esconder o que está a acontecer no Concello de Cambados, pero esta vez levándoo ata as consecuencias máis extremas.
O día 27 de marzo o Xulgado do Contencioso Administrativo requiríu ó Concello de Cambados, que con carácter urxente, se personase e lle fixera entrega da documentación solicitada por Fátima Abal.
Ante este requerimento do Xulgado, o seu Alcalde fixo caso omiso, desobedecendo a autoridade xudicial, polo que o Xulgado do Contencioso de Pontevedra, notifica á candidata socialista que debe formalizar a demanda contra o propio Concello.
“Esto está chegando ata límites inimaxinables, o afán de agochar a documentación é tal, que nin sequera á autoridade xudicial lla entregan. Logo din que quero xudicializar a política. Recórdolle a Luis Aragunde e ó seu equipo de goberno, que a culpa nunca é do que denuncia, que a culpa é do que comete o delito. Se desde un principio me entragasen a documentación solicitada ou no seu defecto, lla entregase ó xuíz, esto xa tería rematado. Pero non queren facelo, este é o Concello transparente que temos.“
A documentación á que os socialistas querían ter acceso, é dicir, simplemente ver, é a do estado das contas bancarias do Concello.
“A desculpa será a mesma de sempre, as mentiras ás que non ten acostumado este Alcalde: que non teñen tempo. Non teñen tempo de ensinarme as contas, porque eso claro entorpece a labor dos traballadores do Concello, esa é a desculpa de sempre, na que se basan para non deixarmen ver nada do que acontece neste Concello. Algo tan básico como as contas, e non queren que as vexa, o que teñen é medo de que os veciños se enteren de cómo está realmente  Cambados“
Ademáis nuns días o propio Xulgado do Contencioso de Pontevedra, notificará que tampouco entregaron a documentación relativa ó procedemento de selección do persoal. O propio xulgado requeríu tamén de xeito urxente que o Concello lle entregase este procedemento para investigar todas as irregularidades que hai ó redor del. Desde a súa convocatoria sen que saíse sequera a lista de admitidos, a pesar do pago das taxas, ata o feito de que esas prazas estén cubertas desde hai 8 anos por persoal, afín ó PP, que nestes días está a firmar a adscripción definitiva  a esas prazas basándose na RPT que veñen de aprobar, sen que exista tampouco ningún tipo de procedemento legal previo.
Respecto á RPT e ás súas irregularidades, será o xuíz o que diga se hai ou non delito de Prevaricación pois tanto os socialistas como un grupo de traballadores do propio Concello presentaron o caso ante o Xulgado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.