EL FUERA DE LA LEY
Asi leva por título un dos cumios da filmografía de Clint Eastwood. Co título orixinal de A Verdadeira Historia de Jossie Wales (1976) consagrou ao vello pistoleiro dos spaguetti western de Sergio Leone e dos millores filmes de Donald Siegel nun director de cine con maiúsculas. Pois o Western ten tamén espazo en Cambados do desgranado onte pola noite en Pleno Aberto (Tele Salnés) pola miña compañeira e candidata á Alcaldía de Cambados polo PSOE Fátima Abal. Se achegan as eleicións locais e as diferentes formacións desgranan as súas ideas e propostas para facer da nosa vila un lugar millor. Coma representante da oposición leva 4 longos anos na percura dun soño, dunha quimera, que é dotar de transparencia ao Concello de Cambados en vano, chegado o punto de ter que chegar ata os Xulgados porque este Alcalde actual esqueceuse por completo do xuramento ou promesa que fixo ao tomalo cargo, un episodio de “amnesia” digno do axente Jason Bourne.
ENTREVISTA A FÁTIMA ABAL



nova, valente e comprometida que non lles ten medo, e segundo a Portavoz Socialista se están deixando a pel (o seu equipo de goberno) para que os veciños reparen si este é o modelo de vida que queren para os seus fillos. Unha enchenta de mocións, preguntas, xuntanzas, para que todo o mundo saiba que sí hai solución, e pasa por ter un goberno que goberne, valga a redundancia, para ás veciños e veciñas, e coma tal así se definíu na primeira das preguntas que lle fixeron onte. Lembrou o estado de abandono no que está a xente nova, e no olvido no que vive a xente maior. Que non hai un programa de goberno que priorice as personas que viven na pobreza, chegado o caso que CÁRITAS INTERPARROQUIAL ten que facer as veces dos Servizos Sociais. Que non hai ningún plan de emprego que non pase por Obradoiros e Cursos que na práctica non crean postos de traballo. Eso é unha ferramenta para chegado o momento amosar a túa valía, pero que facer sin xa non quedan apenas medianas e pequenas empresas con posibilidades de contratar, teñen que facer os números dun saltimbanqui para poder
vivir ao día. "Os tramos que están a pagar de Impostos coma suliña Fátima, son máis altos que algunhas capitais de provincia”, algo inconcebible. E se non que llo pregunten a algún dos nosos veciños, coma Carmelo Fernandez.
Outra das cuestións nas que puxo énfase foi en achegarse ás personas, ás parroquias, a aquel que o necesite, e non agora a mes e pico das eleicións coma outros, senón facelo coma o leva feito ela perante estes catro anos. Presupostos participativos onde priorizar o que os veciños digan, non o que prometemos e despós soltamos: “No pudo ser, es que los otros dejaron esto lleno de parches”. Seguro, o anterior creo que se chamaba Tourís e xa non ven por aquí (e non se lle espera), coma moito se ven alguén de Santiago, non en vano a súa preocupación é servir ao quen o colocou nun posto no que francamente non sei o que fai agás viaxar (espero que polo menos coma Camilo José Cela publique na súa xubilación algún libro de viaxes, De Mosteiro a Covas de Lobos, De Catoira a Meis, ou algo así - se precisa axuda Rafael Louzán ten un montón de documentación coma filántropo que é.
Dinamizar o Comercio con axudas de todo tipo, dar contido a un Polígono Industrial semi valeiro (coma o de Baión de Gonzalo Durán) convertidos nunha especie de colección de cromos para echer un album co que gañar unhas eleicións. Pos vai a ser que este xeito de facelas cousas xa está calado polos veciños, e saben que os seus impostos van a parar ao peto dos especuladores de turno que iso sí, teñen moita pasta, a nósa. Calquera persona cun mínimo de sentido común sabe que na nosa vila Luis goberna para os ricos, non para os pobres, non en vano leva as siglas do Partido Popular, que máis se pode dicir. Pos siguen agora que xa non queda que vender co Turismo, que coma o presentador inqueríu a Fátima, é un dos grandes activos que temos. Pos debe ser do pouco que nos queda de seguir así, e en todo caso está mal xestionado, porque non hai orde ni número, en todo caso é un 3, 3 meses ao ano e a pasalo inverno como poidades, que nós onde estamos esta todo cuberto.

máis do mesmo: as placeiras de Cambados non saben o que lles ven encima, empobrecelas aínda máis con esta nova praza de abastos que por non ter non ten nin proxecto, e o do Centro de Día aínda que necesario non vai a paliar o abandono ao que se ven sometidos os nosos maiores. Da a vida que queda o Asilo de Ancianos, porque levan 7 ou máis anos con esta cuestión, cando hai centros privados que precisan meses namáis para arrancar, coma en Corvillón.
Alí estará a Portavoz Socialista este venres, e o próximo en Castrelo, coma tamén foi a Oubiña e a Vilariño, porque Fátima é Cambados, e eso está formado polo casco urbano e as súas parroquias, ás que están no completo esquecemento nas políticas deste goberno municipal. Agora nos traen columpios, antes foron museos, e o próximo pos xa non sei que van colocar con tal de pretender aparentar que sí lles preocupan aqueles que non viven preto da Casa Consistorial. Seguro, por iso non hai ni transporte público, nin estradas coas súas cunetas, nin alcantarillado, que hai días que chega un arume alá desde Tragove que é calquera cousa menos arume a lavanda. E onde viven 7 lles cobrámolo lixo coma si fóran 3, e 3 coma si foran 7. Un auténtico despropósito, un querer e non poder. A Agrupación Socialista de Cambados ten unha vocación gañadora e para iso Fátima na entrevista adica ese derradeiro minuto a transmitir aos veciños que pensa estar con eles ata o final.
Óscar Manuel Núñez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.