
Coma favor se pode tildar o ter a desfachatez de por nas páxinas de Arousa unha nova coma ARAGUNDE PRESENTA SENTENCIAS EN SU FAVOR EN LA BATALLA JUDICIAL ABIERTA POR EL PSOE, falseando a verdade. A xuíza do Contencioso archivou as denuncias formuladas polo PSOE unha vez o Concello entregou, porque non lle quedaba outra, a documentación solicitada. Na Voz de Galicia precisan a alguén que asesore de xeito inmediato a quen escribiu tal cousa, porque non é periodista, ou lle suba de inmediato o soldo polo obediente
que é. Os populares reflicten que “Fátima Abal pretendía que se lle entregara semanalmente copia de todos os rexistros”, e SÍ, así o decretou a Xuíza unha vez o Concello antes de ser condenado entregounas. A quen queres enganar Luisiño, aos veciños falo a diario e coma xa estás canso de facelo agora empregas os contactos do teu Asesor de Prensa, Benito Leiro, ex compañeiro sentimental da periodista da Voz de Galicia Bea Costa para que éste, presuntamente, xustifique o seu soldo.
“Que siga empeñada na súa estratexia de xudicializar a vida política, o que resulta pouco responsable”….Responsabilidade non ten de ninguna clase o PP nin respeto pola oposición cando hai que acudir aos Tribunais para pedir amparo por negarse a facilitar a información que precisa para traballar e que por lei lle corresponde. Ao remate ten que entregala, e coma lle jode, porque non é un demócrata e ten moi mal perder , tenta manipular o que de feito é unha muesca máis do seu revólver, non en vano son un partido de “armas tomar”, aínda non condenaron nin tan siquera o levantamento Fascista do 36, o lembran e están orgullosos polo que parece del.

Un artigo de
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.