Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de abril de 2015

O GIMNASIO VITAL SPORT SEGUE A SUMAR ÉXITOS








O pasado fin de semana, deportistas do Gimnasio Vital Sport acudiron a diferentes citas nas modalidades de Judo e Taekwondo.
No caso de Judo, alegría polos resultados obtidos, por Judo Club Senín- Gimnasio Vital Sport, xa que o Director do equipo e adestrador Andrés Senín, se alzou coa segunda praza do Campionato de España de veteranos, conseguindo o título de Sub Campión Nacional na modalidade de combate. Ao tempo tamén se celebraba na localidade de Gondomar la Fase Sur do Sector de combate de Judo, na que Brais Castrelo se alzaba coa segunda praza da súa categoría, e Fran Trigo coa terceira, postos, que lles valen para acceder ao Campionato Autonómico de Judo.
Pola súa banda, os competidores de Taekwondo do Club Vital Sport Cambados e o seu asociado o Club Gym Vital de Caldas de Reis, desprazáronse ata a localidade de Cangas do Morrazo na que se celebraba a fase Provincial do Campionato Escolar de Técnica, no que conseguiron clasificarse tras unha excelente actuación Roi FernándezPablo Domínguez e Carlos Sebastián Medranda, os cales terán que desprazarse ata a localidade de Monforte de Lemos o día 18 de abril para disputar o Campionato Galego de á modalidade.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.