
Nesta web podes atopar os resultados e crónicas dos equipos da entidade, enlaces as redes nas que están (Facebook e Twitter), historia do clube ou como contactar con eles.
Tamén queren facer desta web unha ferramenta para reinvindicar unhas melloras máis que necesarias no campo de fútbol de O Leixo, que se atopa nun estado bastante deplorable.
Como podedes observar nas fotografías as porterías están oxidadas, así como as barandillas, que están rotas e da pena velas.
Ademais, parece ser que como teñen a canceira moi preto deles os cans abandonados moitas veces campan as súas anchas polo campo, podendo ser perigosos e facerlle dano a alguén, así como causar enfermidades xa que poden morder, mexar e cagar polo campo de fútbol. E xa postos, vemos como o concello contribúe ao feismo nacional utilizando como porta un somier!
Como sempre, as autoridades pasan de todo o que non dea cartos ou votos, parece unha vergoña que os nen@s da Armenteira teñan que xogar ao fútbol nun sitio así.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.